O sistema IMI está concibido para apoiar as autoridades competentes do Espazo Económico Europeo (os 27 Estados Membros da Unión máis Islandia, Liechtenstein e Noruega) nos intercambios de información que se realizan entre os estados do EEE en cumprimento das disposicións de cooperación administrativa contempladas na lexislación sobre o mercado interior.
Grazas a el as autoridades competentes poden localizar as súas homólogas noutro estado sen coñecemento previo da súa estrutura administrativa e realizar intercambios de información frutíferos, operando cada unha na súa propia lingua.
Vea o vídeo promocional IMI da Comisión UE (Mallorca, 2010)
Acceda ao sistema IMI premendo <aquí>. Tamén pode visitar a <web IMI> da Comisión.
Atención a usuarios IMI - Coordinación Nacional (NIMIC)
A Coordinación Nacional do Sistema IMI exércese desde a D.X. de Cooperación Autonómica (Mº de Política Territorial. c/ Sta. Engracia 7, 28071-Madrid) e ofrécelle asistencia aos usuarios do sistema a través de atencionusuarios.IMI@mpt.es e os teléfonos 91 2734625 e 91 2734651.
IMI foi concibido pola Comisión Europea en colaboración cos EEMM. Participan desde España numerosas autoridades públicas da Administración Xeral do Estado, a Administración Autonómica, e a Administración Local, para garantir os dereitos de cidadáns e empresas no mercado interior único.